Proxecto NIMBOS


Tradutor políglota (manexaba polo menos doce idiomas) e poeta de corazón, Xosé María Díaz Castro (1914-1990) só quixo publicar en vida un único libro, Nimbos, 32 poemas en galego que foi pulindo durante anos até a súa definitiva aparición en 1961. Foi unha revelación, o descubrimento dun autor imbuído de preocupacións existenciais, afastado das tendencias do seu tempo e estreitamente ligado á natureza, á paisaxe fértil e exuberante da súa infancia e mocidade. Unha obra que abraza o misterio da vida, lírica pura que se presta á súa reinterpretación dende outros ámbitos artísticos.

Díaz Castro foi obxecto en 2014 dunha celebración institucional, o Día das Letras Galegas, unha escusa da que nos valemos no blog Acto de Primavera para formular outro tipo de tributo, máis aberto e libre: o dos creadores e creadoras cinematográficos que quixeron inventar imaxes a partir dos seus versos.


Índice de curtas do #ProxectoNIMBOS 
Segundo a división por seccións do poemario orixinal. 
(actualizado a 14 de agosto de 2017)

-PÓRTICO

Coma ventos fuxidos | Simone Saibene, 2014 | 1 min 51 seg

Nimbos | Jaione Camborda Coll, 2015 | 1 min 31 seg

As cousas [Coma brasas] | Esferobite, 2014 | 1 min 27 seg

Coma brasas | Jorge Suárez-Quiñones Rivas, 2015 | 14 min 03 seg | PROXIMAMENTE

-NOITE

Alfa i Omega | Otto Roca, 2013 | 2 min 25 seg

Alfa i Omega | Alexandre Cancelo, 2014 | 4 min 57 seg

Alfa i Omega | Xosé Antón Cascudo, 2014 | 3 min 17 seg

Noite do mundo | Margarita Ledo Andión, 2014 | 4 min 11 seg

Noite do mundo | Pablo Teijón, 2015 |  2 min 17 seg
Filmadrid 2015

O verme e a estrela | Martin Pawley, 2014 | 2 min 01 seg
Festival dei Pópoli, 2014

-LUS

Esmeralda | Guillermo Cerrato, 2015 | 1 min 51 seg | 
Filmadrid 2015

Esmeralda | Bruno Delgado, 2017 | 5 min 45 seg 

I den nya himlen / No novo céio | Eloy Domínguez Serén, 2014 | 6 min | PROXIMAMENTE
Festival de Cine Europeo de Sevilla 2014, Stockholm Film Festival 2014

A noite é necesaria | Marcos Martínez Merino, 2014 | 4 min 44 seg |
FIC Valdivia 2014, Festival de Mar del Plata 2014, Festival de Cine Europeo de Sevilla 2014, Cineuropa 2014, Filmadrid 2015, SACO 2016

Gaua Beharrezkoa Da [A noite é necesaria] | Pablo Maraví, 2015-2017 | 6 min 6 seg

-ESPRANZA

Terra sucada | DnL, 2013 | 4 min 45 seg

-MILAGRE

Cova alumada | Xurxo Chirro, 2013 | 4 min 27 seg

Trasfiguración | Manuel Álvarez Álvarez, 2013 | 2 min 23 seg

-SOÑO

Inausketa [A Cerna] | Ander Parody, 2015 | 6 min 32 seg
Filmadrid 2015 - Competición de vangarda, FIC Valdivia 2015, Cineuropa 2015, Muestra Aitzol Aramaio Cineclub FAS, Amsterdam Spanish Film Festival 2016

A Cerna | Carlos Rivero, 2015 | 2 min 45 seg
Filmadrid 2015

No resplendor do día | Manuel del Río, 2014 | 4 min 42 seg

-FERIDA

Ai capitán | Xacio Baño, 2014-2015 | 3 min 38 seg

Coma unha escada | Carlos Álvarez-Ossorio, 2014 | 4 min 36 seg

Ínsula [Como unha ínsua] | David Castro, 2013 | 2 min 23 seg

Coma unha espada | Fran X. Rodríguez, 2014 | 2 min 24 seg

A beleza feriume para sempre [Coma unha espada] | Antonio Caeiro | 4 min 56 seg

* * * * *

#ProxectoNIMBOS: UNIDADE DIDÁCTICA
Xurxo González

Parte I + Parte II + ...